Leite

2022 comeza con fortes subas dos productos lácteos no mercado internacional

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/02/2022 2:31 p.m.

O 2022 comeza unha clara subida dos prezos dos produtos lácteos nos mercados internacionais, segundo os datos que ven de publicar o Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea.

En concreto, as cotizacións na Unión Europea remataron xaneiro cunha suba do 1,5% na manteiga, que se mantén en prezos moi altos (5,77 euros o quilo). O leite en pó foi o que experimentou unha maior suba o mes pasado: un 3,7% máis o desnatado (3,49 euros o quilo) e un 3,5% máis o enteiro (4,32 euros o quilo), mentres que o queixo cheddar mantívose estable nas súas cotizacións (3,39 euros o quilo, un 0,2% máis respecto a decembro).

A nota menos positiva en xaneiro foi o incremento dos custos de produción para as ganderías debido a suba dun 7% dos custos da enerxía (gasóleo, fertilizantes e electricidade).

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En canto ao inicio do mes de febreiro, o Global Dairy Trade, a poxa de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, comezou tamén en positivo: subas do 2,1% nas cotizacións do leite en po desnatado; do 5,8% para o leite en po enteiro; do 3,3% para a manteiga e do 2,4 % para o queixo cheddar.

Pero onde se están disparando os prezos dos produtos lácteos é en Estados Unidos: en xaneiro o prezo da manteiga nos mercados maioristas encareceuse un 7,8%, o do leite en pó desnatado subiu un 9,9% e o do enteiro nada menos que un 12,2%. Pola contra, o queixo cheddar baixou un 8,7%.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada