Leite

200 tractores bloquearon a planta de Leite Río en Lugo

Os gandeiros bloquearon a entrada da factoría de Jesús Lence dende as 14:30 ás 19:00 horas en protesta polas baixadas de prezo do leite que está a aplicar e as súas polémicas declaracións.

Loading ad.
Ad could not be loaded.
03/09/2015 4:21 p.m.

Máis de 200 tractores bloquearon dende as 14:30 horas e ata as 19:00 horas a entrada da planta de Leite Río no Polígono do Ceao, en Lugo, impedindo a entrada e a saída de camións da factoría.

Ao tempo que máis de 1.000 tractores rodeaban a Muralla de Lugo esta mañá nunha manifestación multitudinaria, uns 200 gandeiros decidiron, á marxe das organizacións agrarias convocantes, desprazarse ata o Polígono do Ceao para bloquear a planta de Leite Rio.

O momento de máis tensión produciuse cando Jesús Lence, o propietario de Leite Río, intentou saír da fábrica co seu coche, momento no que os manifestantes llo impediron lanzándolle apupos, o que o obrigou a dar volta e permanecer na fábrica.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

O bloqueo de Leite Río produciuse, segundo os gandeiros, polas continuas baixadas de prezos do leite que está aplicar, así como polo incumprimento dos contratos e as súas polémicas declaracións sobre as mobilizacións dos gandeiros, aos que chegou a acusar de “ir de manifestación porque teñen gana de festa”.

Finalmente, sobre as 19:00 horas os gandeiros decidiron levantar o bloqueo ante as ameazas de sancións e cargas por parte da Policía e a falta de unanimidade dos manifestantes.

Haberá ampliación desta información cunha crónica da manifestación de Lugo e galería de imaxes da protesta.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada