Viña

17 colleiteiros do Ribeiro enfróntanse ao Consello Regulador polo prezo das contraetiquetas

Loading ad.
Ad could not be loaded.
07/01/2020 8:21 p.m.

O xulgado de Ribadavia acollerá o vindeiro mércores, 15 de xaneiro, o xuízo de 17 colleiteiros do Ribeiro contra o Consello Regulador pola subida aplicada no prezo das contraetiquetas.

Os colleiteiros, unha figura tradicional desta DO, e que define ao viticultor que elabora e comercializa o seu propio viño, están agrupados na Asociación de Colleiteros Embotelladores do Ribeiro. Denuncian o que consideran “a subida diferenciada de precintas aprobada polo CRDO Ribeiro o 23 de marzo de 2018, polo cal os que elaboramos con uvas autóctonas temos que pagar máis pola mesma precinta que os que elaboran con uvas foráneas”.

“Non nos quedou outro camiño que recorrer á xustiza, despois de esgotar todas as vias posibles, ao pouco de aprobarse a medida, a primeiros de abril de 2018 recorremos a medida á Consellería de Medio Rural, pero contestáronnos o pasado 28/09/2018 inadmitindo o noso recurso por tratarse de actividade non susceptible de recurso administrativo”, engaden desde a asociación.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

En concreto, consideran “inxusto” pagar 13 euros máis por cada milleiro das mesma precinta, unicamente por elaborar viños elaborados exclusivamente con variedades autoctonas, distinguidos coa etiqueta de “Castes”, fronte aos que elaboran con variedades foráneas.

Ademais, e fóra do obxecto de litixio, critican o aumento dos rendementos permitidos en vendima ou a posible ampliación do D.O. Ribeiro a outros territorios onde o cultivo resulte máis rendible.

Porén, desde o Consello Regulador, o seu presidente Juan Casares, lembra que a decisión de subir o prezo das contraetiquetas “foi aprobada por ampla maioría polo Pleno do Consello Regulador, seguindo un funcionamento totalmente democrático, polo que un voto en contra non pode condicionar o labor do equipo de goberno”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Ademais, destaca que “esta subida permitiu aumentar o esforzo do Consello Regulador en promoción dos viños do Ribeiro e da súa calidade”.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada