Carne

168 granxas de coellos recibirán da Xunta unha axuda media de 1.500 euros

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/10/2016 11:49 a.m.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución da Consellería do Medio Rural pola que se fan públicas as axudas para as pequenas e medianas explotacións de cría de coellos. En total, a relación definitiva de beneficiarias destas achegas ascende a 168 explotacións cunícolas, por un importe de 250.000 euros.

Con estas axudas públicas específicas para dotar de liquidez ás explotacións cunícolas preténdese paliar os efectos da crise que están a pasar debido ao baixo prezo de venda -1,65 euros o quilo na última cotización na Lonxa de Madrid- e ao alto custe das materias primas base da súa alimentación.

Cada explotación recibirá de media uns 1.450 euros, en función do número de femias reprodutoras en réxime de concorrencia non competitiva. O número total de coellas reprodutoras subvencionadas acende a 120.000.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada