Leite

15.000 persoas en Santiago e máis de 4.000 en Lugo esixen solucións ao prezo do leite

Multitudinaria manifestación na capital galega para esixir un acordo que garanta un prezo sostible para os gandeiros galegos. A Plataforma en Defensa do Sector Lácteo ameaza con estender os bloqueos a outras cadenas de distribución e á industria

Loading ad.
Ad could not be loaded.
10/09/2015 2:28 p.m.

Preto de 20.000 persoas manifestáronse este mediodía en Galicia para esixir a Xunta e Goberno Central que medien coa distribución e coa industria para que os gandeiros reciban un prezo sostible polo leite que lles cubra os custos de produción.

A manifestación máis multitudinaria foi a de Santiago de Compostela, que congregou a unhas 15.000 persoas. A marcha saíu pasadas as 12:00 horas da Alameda e percorreu as rúas de Santiago ata chegar á sede da Xunta de Galicia en San Caetano, onde se deu lectura a un manifesto. A esta hora miles de gandeiros permanecen rodeando o recinto ata coñecer os termos do acordo acadado en Madrid.

Tres vacas encabezaban a manifestación e detrás delas un grupo de gandeiros e alcaldes portaban unha pancarta co lema “Nin un paso atrás na defensa dos gandeir@s galeg@s”.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Tanto os representantes da Platafoma como Águeda Capón, unha gandeira de Chantada que leu o manifesto, advertiron que o acordo ten que garantir tres aspectos básicos: unha recuperación do prezo do leite, mecanismos legais e sancións que obriguen a industria e distribución a cumprilo e que a recuperación do prezo do leite sexa efectiva en Galicia a partir do 1 de outubro.

En caso contrario, anunciaron que as mobilizacións se dirixirán contra o resto da gran distribución e contra a industria, con bloqueos das súas plataformas de distribución de mercadorías, como o que xa están a facer en Santiago coa de DIA en Mercagalicia.

Pola noite, ás 22:00 horas celebrarase unha asemblea de gandeiros na Avenida de Lugo.

Loading ad.
Ad could not be loaded.

Mobilización en Lugo

Ao mesmo tempo que a de Santiago discorreu a manifestación de Lugo, que congregou a  máis de 4.000 persoas.

[caption id="attachment_14816" align="alignleft" width="300"] Manifestación de Lugo[/caption]

Loading ad.
Ad could not be loaded.

A marcha transcorreu baixo o lema “A unión fai a forza” e a ela tamén acudiron dous autobuses con gandeiros de León. Unha vez coñecidos os resultados da reunión, os gandeiros celebrarán unha asemblea ás tres da tarde para valorar o acordo.

O voceiro dos gandeiros de Lugo, Roberto López, tamén se referiu á posibilidade de ampliar as protestas á distribución e á industria láctea, pero subliñou que “son opcións que inda estamos barallando”.

DESCARGA AQUÍ O MANIFESTO LIDO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

Etiquetado
Loading ad.
Ad could not be loaded.
Ir a la portada