Axenda

V Subasta Outeiro Holstein

04/06/2015 7:13 p.m.

O próximo 20 de xuño celebrarase en Chantada a 5. ª Subasta Outeiro Holstein, organizada por esta gandaría coa colaboración de Africor Lugo.

O evento empezará ás 11:00 horas coa presentación dos animais e ás 12:00 iniciarase a venda. A gandaría conta con vacas da mellor xenética, novatas e recén paridas de segundo parto. Os animais pertencen ás familias Beth Aerostar 6 *, Kenya Júnior 6 * e Storm Mandi 5 *, entre outras. A poxa realizarase na propia granxa, situada en Outeiro, a1 kilómetrodel mercado gandeiro chantadino.

Ir a la portada