(Zonas Vulnerables a Nitratos) A conselleira do Medio Rural lanza unha mensaxe de tranquilidade: “O máximo permitido por hectárea será uns 70.000 litros de xurro”

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Foto: Cedida

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Foto: Cedida

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quixo hoxe lanzar unha mensaxe de “tranquilidade” aos agricultores e gandeiros dos concellos incluídos nas Zonas Vulnerables a Nitratos que vai declarar a Xunta no mes de maio.

“En primeiro lugar, quero lanzar unha mensaxe de tranquilidade porque en toda España quedan sen declarar Zonas Vulnerables a Nitratos nas comunidades de Asturias e de Cantabria, así como Galicia. Polo tanto, a mensaxe aos agricultores e gandeiros galegos é que o están a facer moi ben”, destacou a conselleira.

Tamén aclarou que a declaración “vennos imposta polo Ministerio de Transición Ecolóxica, en base ao decreto 47/2022”. “Ademáis, engadiu que “en base a este decreto, a obriga que nos impón ás Comunidades Autónomas de declarar zonas vulnerables aínda que a contaminación por nitratos sexa causada nunha parte mínima por nitratos de orixe agraria ou gandeira. Aínda que non esteamos de acordo con ese decreto estamos na obriga de cumprilo”.

Por outro lado, destacou que “debe quedar claro aos agricultores e gandeiros que se vai permitir seguir usando xurro, que os gandeiros galegos estano facendo moi ben, e vaise incidir nas boas prácticas de aplicación do xurro, que é un recurso fundamental para o agro galego, que aforra cartos en fertilización e que ben utilizado é moi necesario no agro galego”.

En canto aos máximos permitidos, lembrou que “serán de 170 ou 210 kilos de nitróxeno por hectárea e ano, o que equivalen a 60.000 ou 70.000 litros de xurro por hectárea e ano, co cal o impacto é cero”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información