A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Yolanda Trillo incorpórase a Dellait España, empresa especializada en mellorar a xestión das gandarías de vacún de leite

Yolanda Trillo incorpórase a Dellait España, empresa especializada en mellorar a xestión das gandarías de vacún de leite

Yolanda Trillo Dono

A empresa de Nutrición e Saúde Animal Dellait continua co seu rápido crecemento e chega a España para maximizar a eficiencia técnica e económica das gandarías de vacún leiteiro.

Dellait España, S.L., especializada en nutrición e saúde do gando vacún de leite ofrece servizos e solucións para incrementar a eficiencia das empresas gandeiras a través dun equipo multidisciplinar coordinado internacionalmente.

Dellait, con sede central en Brookings, Dakota do Sur (EE.UU) propón a implantación de solucións eficientes para a xestión de gandarías de vacún leiteiro. Tras a súa longa traxectoria científica e experiencia en campo, reúne diversos profesionais do sector lácteo con diferentes perfís e coordínaos para integrar un equipo multidisciplinar, asesorando así a empresas gandeiras a nivel mundial.

Consultores, científicos e analistas de datos forman o equipo Dellait a nivel internacional. Un equipo con amplo coñecemento do sector e dilatada experiencia en nutrición e saúde animal, calidade de leite, prácticas de manexo e intelixencia empresarial. Yolanda Trillo incorpórase a Dellait España como Directora Xeral na península ibérica.

Licenciada en veterinaria pola Universidade de Santiago de Compostela e cun Doutoramento Internacional en manexo alimentario e benestar animal de vacún leiteiro, Yolanda Trillo conta con ampla experiencia internacional e nacional no sector gandeiro, traballando como investigadora na Universidade de California, Davis (EE.UU), así como xerente dunha empresa multinacional de ecografía e, como asesora de manexo en gandarías automatizadas para unha empresa de robots de muxido.

Unha rede global de expertos cun enfoque colaborativo detrás da nutrición animal. Así é como abordan as oportunidades que brinda a industria leiteira da forma máis eficiente, incluíndo: nutrición de precisión, formulación de dietas e desenvolvemento de modelos, manexo de inventario de ingredientes e diminucións, avaliación de rexistros produtivos e planificación de cultivos e selección de forraxes.

O obxectivo de Dellait é ofrecer solucións viables, sustentables e transparentes para os gandeiros. Desenvolven e implementan estratexias de xestión que contribúan a mellorar o benestar animal, a sustentabilidade ambiental e a eficiencia global da granxa. “O equipo DELLAIT ofrece un impacto transformador para as granxas leiteiras, axudamos a optimizar o rendemento produtivo e a saúde dos animais, maximizar os ingresos sobre o custo da alimentación e a prepararse de forma proactiva para as oscilacións dos mercados mediante a implementación de conceptos de nutrición de precisión, prácticas de manexo avanzadas, métodos analíticos de vangarda e eficiencia operativa” afirma Fernando Diaz, CEO de Dellait.

Con estratexias baseadas en ciencia e investigación aplicada, Dellait desenvolveu novidades tecnolóxicas para a nutrición do gando vacún leiteiro, desde xovencas de recría até vacas en lactación e en período seco.

Contan con décadas de experiencia no desenvolvemento e implementación de programas alimentarios en granxas leiteiras obtendo resultados excepcionais. Neste aspecto Yolanda Trillo indica que “debido ao crecemento tecnolóxico, a forma de alimentar as vacas cambiou substancialmente e os sistemas automatizados son máis sensibles en canto ao manexo, requirindo atención ao detalle e diagnóstico anticipado de posibles variacións, polo que falta moito por estudar e aprender neste campo”.

ACERCA DE DELLAIT

Con sede central en Dakota do Sur (EE.UU) e filial en Coahuila (Mexico), Dellait é unha empresa global de nutrición e saúde animal que ofrece servizos e solucións á industria gandeira. En xaneiro do 2022 o equipo Dellait chega a España baixo a filial Dellait España, SL.

CONTACTO
Yolanda Trillo ?telf. 613 01 71 34; email: yolanda@dellait.com | info@dellait.com

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *