A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

YaraVera™ AMIDAS: Innovación en fertilizantes para maior eficiencia e rendemento

Yara Vera AmidasDelagro, líder rexional en solucións agrícolas e ambientais, enorgullécese de presentar YaraVera™ AMIDAS, un fertilizante nitrogenado granulado de última xeración que combina Nitróxeno e Xofre en formas totalmente solubles e asimilables. Este novo produto promete revolucionar o mercado agrícola ao mellorar a eficiencia do uso de Nitróxeno e maximizar os rendementos dos cultivos.

YaraVera™ AMIDAS destaca pola súa combinación única de Nitróxeno en formas Uréica e Amoniacal e Xofre en forma de Sulfato, nunha proporción óptima de 7 a 1, comparable á relación destes nutrientes na materia orgánica do solo. Esta formulación non só mellora a absorción de Nitróxeno, senón que tamén reduce significativamente as perdas por volatilización e lixiviación, garantindo un uso máis eficiente dos recursos e un menor impacto ambiental.
“Con YaraVera™ AMIDAS, estamos a ofrecer aos agricultores unha solución avanzada que non só aumenta os rendementos dos cultivos, senón que tamén contribúe a unha agricultura máis sustentable”, afirman técnicos de Delagro.

“A nosa misión é proporcionar produtos que axuden a abonar de maneira responsable, e YaraVera™ AMIDAS é un paso máis cara a ese obxectivo”.

Principais beneficios de YaraVera™ AMIDAS no cultivo do millo

-Eficiencia Mellorada: A combinación de Nitróxeno e Xofre mellora a eficiencia do fertilizante, reducindo as perdas por volatilización.

-Seguridade para a planta: Non dana a folla cando entra en contacto coa planta.

-Rendementos superiores: Proporciona maiores rendementos grazas á súa formulación equilibrada.

-Fácil Absorción: Achega Nitróxeno Amídico e Amoniacal na relación 8 a 1, semellante á relación na materia orgánica do chan.

-Xofre soluble: Achega xofre totalmente soluble e asimilable, esencial para o desenvolvemento de proteínas.

-Desenvolvemento optimizado: A combinación de Nitróxeno e Xofre favorece o desenvolvemento e incremento de proteínas nas plantas.

Modo de Emprego en Millo

YaraVera™ AMIDAS recoméndase para o seu uso en coberteira, aplicándose con abonadora ou de maneira localizada. É crucial aplicar o fertilizante no momento adecuado e nas doses correctas para maximizar os rendementos e minimizar as perdas innecesarias de nitróxeno por volatilización ou lixiviación.

YaraVera™ AMIDAS é distribuído en exclusiva por Delagro, garantindo unha distribución eficiente e soporte técnico especializado para os agricultores.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *