A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

Yara Mila Actyva: O abonado idóneo para un bo desenvolvemento do millo

YARA MILA ACTIVA DELAGRO 2Yara Mila Actyva (20-07-10) é un fertilizante complexo de alto contido en nitróxeno fabricado en base ao método de Nitrofosforación (patente de Yara), e que achega nitróxeno, fósforo e potasio totalmente asimilables polo millo , favorecendo un bo desenvolvemento do cultivo.

YaraMila Actyva (20-07-10) preséntase en forma perlada e resulta especialmente adecuado como abonado de inicio do cultivo. En Galicia, Asturias e Cantabria é comercializado por DELAGRO e as súas canles de distribución.

Para lograr o máximo potencial dos cultivos e protexer o medio ambiente Yara conta coa mellor tecnoloxía no manexo de fósforo. Esta ferramenta, presente nos fertilizantes de gama Yara Mila deuse a coñecer como P-Extend. Achega ademais un pequeno contido en magnesio e xofre.

A presentación en forma de perla de Yara Mila Actyva (20-07-10) confírelle as vantaxes da higroscopicidade (absorción fácil da humidade que fai que os nutrientes se incorporen rapidamente á solución do chan) e da ausencia de po (debido a un “coating” patente de Yara que permite que o produto se manteña en excelentes condicións físicas até a súa incorporación ao solo, evitando así tamén problemas de apelmazamento). YaraMila Actyva (20-07-10) é un fertilizante complexo, polo que todos os nutrientes atópanse en igual proporción en cada perla ou gránulo, asegurando desta maneira unha achega homoxénea dos mesmos.

O nitróxeno de Yara Mila Actyva (20-07-10) é 100% soluble e asimilable, e preséntase de forma equilibrada entre forma nítrica (dispoñible de inmediato) e amoniacal (dispoñible a máis longo prazo). O fósforo de YaraMila Actyva (20-07-10) tamén se atopa totalmente asimilable, estando un 25%-30% en forma de polifosfatos. Os polifosfatos son unha fonte de fósforo que permanece dispoñible durante máis tempo, xa que é menos susceptible á fixación no solo. Os polifosfatos ademais teñen un efecto quelatante sobre certos micronutrientes que hai no chan, o cal os fai máis dispoñibles para a planta.

Consellos de aplicación en millo:

En función da situación da parcela en canto a nutrientes e doutras achegas que se realicen con xurros ou estercos. Consulte co servizo técnico-comercial do seu provedor YARA. 

YARA MILA ACTIVA DELAGRO 1

Para máis información:  981 519 920 info@delagro.org 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *