
Foto: CAPSA
A Audiencia Provincial de Oviedo volve dar a razón á organización Unións Agrarias por dicir que Central Leiteira Asturiana practica o «apartheid» contra os gandeiros galegos ao pagarlles un prezo do leite substancialmente menor que aos gandeiros de Asturias.
En concreto, a Audiencia Provincial desestima o recurso de apelación presentado por Corporación Alimentaria Peñasanta (CAPSA Food), propietaria de Central Lechera Asturiana ou Larsa, contra a sentenza do xulgado nº 3 de Siero, que en setembro do ano pasado desestimou a denuncia por difamación presentada por CAPSA FOOD contra Unións Agrarias, logo que a organización agraria tivese criticado «o modus operandi dunha industria que xa foi sancionada pola Comisión Nacional dos Mercados e da Competencia por pactar prezos e incorrer en prácticas anticompetitivas en detrimento de os intereses e dereitos dos produtores».
Agora a Audiencia Provincia de Oviedo volve dar a razón á organización gandeira galega, absolvendo aos demandados das pretensións deducidas na súa contra e con imposición á demandante das costas ocasionadas.
CAPSA denunciou o que consideraba “unha serie de infundios e manifestacións públicas insidiosas respecto de CAPSA, que afectan a súa honra e prestixio empresarial, proferidas pola entidade UUAA, co único e evidente obxectivo de desacreditar o bo nome de CAPSA e prexudicala, ofrecendo como certos feitos falsos, directamente inventados e acusacións infundadas que prexudican gravemente a reputación empresarial de CAPSA”.
Porén, a Audiencia Provincia de Oviedo considera que “as extralimitaciones verbais ou escritas nun contexto de loita política ou sindical; eleccións, conflitos laborais, empresariais ou lácteos entre empresas e gandeiros como foi o caso, determinan a prevalencia da liberdade de expresión e a liberdade sindical ou de organización, a condición de que exista interese público, como era o caso obxecto de análise e as expresións non sexan obxectivamente inxuriosas”.
Ademais, resolve que “tampouco podemos acoller o argumento de que os actos sancionados datan dos anos 2000 a 2013, dado que sendo certo, non debemos esquecer que non foi ata o ano 2019 cando se tivo constancia da sanción imposta pola CNMC e tras ela deveu o resto dos feitos que conformaron a litis”.
Queda por ver se CAPSA FOOD decide interpoñer un recurso de casación #ante o Tribunal Supremo.