A Xunta triplica a partida de axudas á reconversión de viñedos para atender as solicitudes

Publicidade
A Xunta triplica a partida de axudas á reconversión de viñedos para atender as solicitudes

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe unha orde da Consellería do Medio Rural pola que se amplía a dotación orzamentaria das axudas aos plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia.

Así, para poder atender todas as solicitudes, pásase dos iniciais 1,1 millóns de euros a 3,5 millóns, o que supón multiplicar por tres o importe consignado nun primeiro momento. Con esta nova achega, está previsto aprobar, nos vindeiros días, todas as peticións que cumpren os requisitos da orde en teñen toda a documentación completa.

Ademais desta ampliación de crédito, na orde publicada hoxe tamén se introducen unha serie de modificacións de carácter técnico para adaptar a convocatoria á nova normativa europea e nacional de aplicación.

Enlace á orde no DOG:
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201221/AnuncioG0426-171220-0001_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información