A Xunta de Galicia abonará esta semana os importes da PAC correspondentes aos ecorreximes a aqueles agricultores e gandeiros que os solicitaron e fará efectivo no mes de xuño as axudas agroambientais. Así llo trasladou ó Fogga ó Sindicato Labrego Galego, a consultas desta organización.
A Administración autonómica ten de data límite até o 30 de xuño para pagar a PAC 2023. A Consellería pagou a primeira parte a finais do ano pasado, pero quedan aínda pendentes de aboar unha parte das axudas, sobre todo as correspondentes ao segundo piar (Desenvolvemento Rural).
A Xunta ten de data límite até o 30 de xuño para pagar a PAC do 2023
Ademais do pago dos ecorreximes (os principais en Galicia son o de rotación de cultivos en explotacións leiteiras que botan millo e pastoreo no caso das ganderías de leite e carne en sistema extensivo, cuxo importe final se veu reducido considerablemente), o FOGGA fará efectivos nesta última semana de maio as axudas por cultivos proteicos e as destinadas a gando ovino e cabrún, así como o 10% que quedaba pendente do resto de axudas asociadas.
Durante o mes de xuño pagaranse as axudas agroambientais, as de cebo de becerros e o 10% que quedaba pendente de aboar da axuda básica á renda, do pago redistributivo e do destinado a mozos e mozas.
Os fondos por Zonas con Limitacións Naturais (ZLN) agárdase que sexan liberados para o seu pago durante o mes de xullo, tralos recursos presentados á resolución de axudas.
E cando pagan as incorporacións (1° pagamento) da convocatoria 2022 aprobadas en febreiro de 2023, coa instalación feita a mediados de 2023 e que tiñan que pagar no último trimestre do ano pasado?
Así axudan ao mantemento da actividade no rural? Porque os mozos que nos incorporamos temos que pagar puntualmente a proveedorespara cumprir os fitos do plan empresarial, non?