A Xunta traballa na recuperación 43 hectáreas para usos gandeiros en Paderne de Allariz

A Xunta traballa na recuperación 43 hectáreas para usos gandeiros en Paderne de Allariz

A Xunta anima os veciños de Paderne de Allariz a apostar pola implementación dun polígono agroforestal neste municipio ourensán, ao abeiro da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia. Así, o subdirector de Mobilidade de Terras, Alejandro Sánchez de Dios, e técnicos da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural veñen de manter un encontro con parte dos propietarios interesados nesta iniciativa, que está previsto que ocupe unha superficie de 43,46 hectáreas na zona de Solbeira-Figueiredo-Siabal.

No encontro tamén participou o alcalde da localidade, José Manuel Fernández. Para a posta en marcha deste polígono, a Consellería do Medio Rural está desenvolvendo o proceso de investigación da titularidade das 317 parcelas que conformarían o futuro polígono.

Na xuntanza, o subdirector lembrou que os polígonos agroforestais constitúen un dos principais instrumentos contemplados na nova norma e explicou que esta ferramenta voluntaria ten por obxecto a volta á produción de grandes áreas de terra con boa capacidade produtiva que alcanzaron, co paso do tempo, estados de abandono ou infrautilización.

Así, o representante de Medio Rural trasladou tamén que, xunto coas aldeas modelo ou as agrupacións de xestión conxunta, os polígonos son unha figura concibida para crear nova actividade económica no rural, contribuíndo á xeración de riqueza e á fixación de poboación, ao tempo que se avanza na anticipación aos incendios forestais, ao exercer esta actividade de devasa natural fronte ao lume.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información