A Xunta recuperará en primavera 744 hectáreas de pastos en montes veciñais

Publicidade
A Xunta recuperará en primavera 744 hectáreas de pastos en montes veciñais

O conselleiro, segundo pola esquerda, durante a súa visita este sábado a Lucenza

O conselleiro do Medio Rural, José González, visitou este sábado a parroquia de Lucenza, no concello ourensán de Cualedro, para coñecer os traballos realizados ao abeiro da primeira fase do plan de pastos de Galicia. Alí destacou que esta iniciativa contempla, en diversas fases, actuacións nun total de 2.250 hectáreas, cun investimento conxunto de 9,5 millóns de euros.

Na visita, José González anunciou unha segunda fase do plan, que comezará na vindeira primavera e que permitirá poñer en valor un total de 30 montes veciñais pertencentes a 24 concellos galegos. O investimento programado achégase aos 4 millóns de euros e a superficie da actuación roldará as 744 hectáreas, das que case 178 corresponden á provincia de Ourense. Neste caso, os concellos beneficiados desta provincia serán os da Veiga, Allariz, Xunqueira de Espadanedo, Lobeira, Laza, Maceda, Vilariño de Conso e O Irixo, segundo apuntou o conselleiro.

No caso concreto desta parroquia de Lucenza, José González explicou que os labores abrangueron case 22 hectáreas, que facilitarán o pastoreo do gando en extensivo e contribuirán a esa anticipación aos lumes. Ademais, o conselleiro sinalou que nesta primeira fase do plan tamén se executaron na provincia de Ourense pastos en Beariz (case 17 hectáreas), Ramirás (13 hectáreas), Sarreaus (88 hectáreas), Montederramo (34 hectáreas) e Paderne de Allariz (algo máis de 9 hectáreas).

Implicación da veciñanza de Lucenza

Na súa intervención, o titular de Medio Rural agradeceu tamén a implicación dos veciños de Lucenza nestes labores, unha disposición que lles fixo acredores, o pasado ano, ao premio Agader dentro da categoría de loita contra o abandono e en prol da mobilidade de terras. O conselleiro recordou que o prazo para presentar candidaturas a estes galardóns neste 2021 estará aberto ata o vindeiro día 11 de marzo.

Advertiu ademais que a convocatoria vén de publicarse recentemente no Diario Oficial de Galicia e que establece unha contía económica de 80.000 euros para repartir entre as oito categorías establecidas. Uns fondos que deberán ser reinvestidos nos proxectos galardoados, remarcou González, quen afirmou que con estes premios a Xunta pretende recoñecer aquelas iniciativas que contribúan de xeito singular a promocionar o medio rural e a xerar unha sociedade rural máis dinámica e cohesionada.

Pastos recuperados en los montes de Lucenza

Pastos recuperados nos montes de Lucenza

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información