A Xunta reabre o prazo para solicitar queimas agrícolas e forestais

As notificacións poden facerse desde a web ou no teléfono 012, e as primeiras queimas estarán permitidas a partir do 9 de maio

Publicidade
A Xunta reabre o prazo para solicitar queimas agrícolas e forestais

Imaxe de archivo.

A Consellería do Medio Rural reactivou as notificacións para realizar queimas agrícolas na comunidade galega. As solicitudes poden facerse a través da páxina web habilitada ou chamando ao teléfono 012.

As persoas que soliciten un novo permiso este luns poderán levar a cabo a queima a partir do venres, 9 de maio. Isto débese a que, segundo a normativa, a comunicación debe realizarse con dous días de antelación.

No portal web, os cidadáns deberán confirmar que a queima é de palla ou material natural agrícola non perigoso. No caso de empregar o teléfono 012, deberán comunicar o mesmo por vía telefónica.

Tamén se reanudan as autorizacións para efectuar queimas de restos forestais amoreados. Estas deben contar cunha autorización administrativa pola súa maior perigosidade.

As comunicacións e autorizacións están reguladas polo artigo 34 da Lei de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia. En días laborables, segue operativo o teléfono 012. As autorizacións e comunicacións deixarán de ser válidas nos días con vento e temperaturas elevadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información