A Xunta porá a disposición das adegas galegas un programa de xestión de contabilidade

Publicidade
A Xunta porá a disposición das adegas galegas un programa de xestión de contabilidade

Alberto Núñez Feijóo durante a inauguración do Museo da Ciencia do Viño

O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, avanzou hoxe que a Xunta porá á disposición do sector do viño un programa de xestión de contabilidade vitivinícola, unha aplicación que permitirá ás empresas do sector xestionar a contabilidade que se eleva nos libros-rexistro das adegas, facilitando a simplificación e a coordinación administrativa.

Así mesmo, lembrou que a administración autonómica está a traballar tamén na creación dunha base de datos de provedores de uva que facilite a confección do contrato de compra-venda cos viticultores, así como na elaboración dun plan estratéxico e de dinamización territorial das 5 denominacións de orixe para mellorar tanto o posicionamento dos viños galegos como das comarcas que representan.

Inauguración do Museo da Ciencia do Viño en Salvaterra de Miño

Durante o acto de inauguración do Museo da Ciencia do Viño en Salvaterra de Miño, Feijóo destacou a importancia deste proxecto para dar a coñecer o potencial vitivinícola da comarca: un territorio que conta con máis de 1.000 hectáreas de superficie cultivada e máis de 1.500 viticultores; e que, desde hai 60 anos, celebra a súa tradicional Festa do Viño, unha das máis antigas de España. “Para coñecer a enoloxía tradicional ata as ferramentas máis modernas que constitúen o futuro da industria”, dixo.

Ao longo da súa intervención, o presidente da Xunta aseverou que a este museo uniráselle próximamente o Museo do Viño de Ribadavia e baixo o obxectivo de que a enogastronomía sexa unha razón para visitar Galicia que cobre cada vez máis protagonismo.

Visita do conselleiro de Medio Rural á Denominación de Orixe Ribeiro

Visita ás instalacións da cooperativa vitivinícola do Ribeiro

Visita ás instalacións da cooperativa vitivinícola do Ribeiro

O conselleiro do Medio Rural, José González, puxo hoxe en valor á denominación de orixe (DO) Ribeiro como a más antiga de Galicia e a primeira da provincia ourensá polo seu dinamismo económico, sendo só superada entre as cinco galegas por Rías Baixas.

Así, salientou que esta DO foi recoñecida como tal xa no 1932 e que as súas cifras de viticultores (máis de 5.700), adegas (114), superficie certificada (2.200 hectáreas) e volume de viño comercializado (máis de 87.000 hectolitros en 2017) sitúana nese lugar preferente.

O conselleiro fixo esta valoración durante a súa visita á zona, dentro do percorrido que vén realizando polas diferentes denominacións de orixe. Neste caso presidiu, acompañado polo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Manuel Rodríguez, o pleno extraordinario do seu consello regulador e visitou as instalacións da cooperativa vitivinícola do Ribeiro e da adega Valdavia, nun percorrido no que tamén participou o presidente do Consello Regulador, Juan Manuel Casares.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información