A Xunta pon o viveiro Semfor de Carballo como exemplo da mellora da reprodución forestal

A Xunta pon o viveiro Semfor de Carballo como exemplo da mellora da reprodución forestal

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, asistiu ás xornadas de portas abertas nas instalacións do Viveiro Xunta de Galicia-SEMFOR

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, asistiu ás xornadas de portas abertas nas instalacións do Viveiro Xunta de Galicia-SEMFOR, encargado do procesado de sementes forestais para a subministración a outros viveiros de Galicia.

O motivo destas xornadas foi a adquisición dunha nova máquina de termotratamento de material forestal de reprodución -como as sementes e outras partes de plantas-, que permite que, mediante a utilización de auga quente, se poidan eliminar os patóxenos existentes nas sementes. Deste xeito, non é necesario empregar produtos desinfectantes e fitosanitarios no procesado do material forestal de reprodución e séguese contando cunha alta seguridade en canto aos resultados de limpeza fitosanitaria desta materia.

Nestas xornadas, tamén se informou aos asistentes sobre os últimos traballos realizados polo viveiro na selección de mouteiras de distintas especies forestais de interese e das boas expectativas da colleita de froitos dos hortos de semente de piñeiro do país, cunha produción estimada de material controlado duns 370 quilogramos, e uns 52 quilogramos de semente cualificada.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información