
Augas de Galicia remitiu ao Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico un escrito no que solicita que se realicen estudos complementarios e correccións nos que está a elaborar o Goberno central antes de declarar zonas vulnerables á contaminación por nitratos. Moi especialmente exíxese máis claridade á hora de delimitar se a orixe deses nitratos está realmente na gandería e agricultura pois o Real Decreto 47/2022 sobre a protección das augas contra a contaminación difusa por nitratos e a directiva de nitratos de orixe agraria únicamente se refiren a eses casos.
Como base para a delimitación destas zonas, o Goberno de España presentou un estudo para caracterizar as fontes de contaminación por nitratos que se elaborou con información dos períodos 2016-2019 e 2020-2023 e que, segundo a Xunta, “non conclúe con claridade ata que punto esa situación está provocada polas actividades agrogandeiras”.
O que solicita Augas de Galicia é que o Goberno central, en coordinación coas comunidades autónomas, actualice este estudo, unha obriga que -de acordo co que establece ese real decreto- debe facerse cada catro anos.
Máis información: Sete preguntas e respostas sobre as Zonas Vulnerables a Nitratos deseñadas en Galicia
Galego









Control OJD