A Xunta pide a colaboración dos gandeiros na campaña de vacinación contra a lingua azul

A Xunta pide a colaboración dos gandeiros na campaña de vacinación contra a lingua azul

Tras a declaración de catro focos de lingua azul en Castro Caldelas, Sarreaus, Fornelos de Montes e As Neves -onde se detectaron dous animais coa enfermidade nunha mesma explotación-, a Xunta lembra que está a levar a cabo unha campaña de vacinación preventiva nas áreas de restrición establecidas -as provincias de Ourense e Pontevedra e as comarcas de Sarria, Chantada e Terra de Lemos-Quiroga, no sur de Lugo-, “totalmente gratuíta para os gandeiros e obrigatoria de cara a garantir o movemento de animais cando remate a época libre dos vectores transmisores da doenza”.

Así, nesas zonas é obrigatoria a vacinación de todos os animais das especies bovina e ovina de máis de tres meses de idade, “sendo esta a ferramenta máis efectiva para o control do avance da enfermidade e a súa erradicación”. Nese senso, dende Medio Rural lembran que “a vacinación será requisito imprescindible para poder realizar movementos de animais cando remate o período libre de circulación dos mosquitos Culicoides transmisores da enfermidade, previsiblemente a finais de abril, xa que nese momento só se poderá autorizar o movemento de animais dende a área de restrición se proceden de explotacións vacinadas, sendo necesario que os animais de máis de catro meses estean vacinados, ou se son animais menores desa idade, que procedan de nais vacinadas”.

Deste xeito, a Xunta apela á colaboración dos gandeiros na campaña de vacinación preventiva que se está a realizar, na que a Consellería do Medio Rural se fai cargo tanto do custo das vacinas como da súa aplicación. Neste sentido, dende a Xunta subliña n que “a vacinación de animais non implica en absoluto a inmobilización preventiva das explotacións de gando bovino ou ovino, senón todo o contrario: é a garantía de movemento sen maiores requirimentos, unha vez entremos no período de circulación do mosquito transmisor”.

Ademáis, lembran que “a vacina que se está utilizando na campaña é un produto que vén sendo empregado tamén noutras comunidades autónomas e países da Unión Europea e que está rexistrado e autorizado pola Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps), o que implica que foi sometido a todos os controis preceptivos de seguridade de uso antes de autorizar a súa comercialización”. “Segundo a propia ficha técnica, a vacina pode usarse durante a xestación e a lactación, e non hai que respectar ningún tempo de espera para o consumo dos produtos obtidos dos animais”, explican.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información