A Xunta oferta 70.000 m³ de madeira repartidos en 18 lotes nunha poxa telemática

autocargador forestal Ecolog madeira piñeiro-min

O vindeiro 9 de decembro terá lugar unha poxa pública electrónica que se celebrará dende a Delegación Territorial da Xunta en A Coruña. Está previsto adxudicar 18 lotes cun valor total de 1.160.455,09 euros. Os lotes suman preto de 70.000 metros cúbicos de madeira, que será vendida baixo as modalidades de alleamento a risco e ventura e a resultas de liquidación final.

Os licitadores terán que actuar en todo o proceso de forma telemática, dende a consulta dos lotes dispoñibles ata a poxa final. Vaise habilitar unha sala virtual para facilitarlles os trámites. A Consellería do Medio Rural lembra que as empresas que opten aos lotes deben ter un certificado de cadea de custodia, que garanta a trazabilidade da madeira.

Cómpre destacar que 12 lotes contan con certificación PEFC e 4 dispoñen da dobre certificación PEFC e FSC, os dous sistemas de certificación máis implantados no mundo. A certificación forestal sostible asegura que a xestión dos bosques de onde procede a madeira é respectuosa co medio ambiente.

Por outra banda, os licitadores terán que presentar as súas ofertas económicas a través da sede electrónica da Xunta. E disporán dunha plataforma para obter información sobre os lotes a través dun visor web cartográfico creado polo Instituto de Estudos do Territorio.

A Consellería do Medio Rural informou de que o espazo tamén permite “facer consultas ou buscas por múltiples campos, exportar en formato PDF os planos ou descargar os límites dos lotes en dispositivos móbiles, para localizar facilmente as superficies arboradas obxecto de poxas públicas.” A poxa realízase a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal.

Pódense consultar as bases da poxa no seguinte enlace:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2025/20251022/AnuncioG0426-160925-0001_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información