A Xunta márcase como obxectivo transformar este ano en Galicia o 75% do leite producido

A conselleira María José Gómez visitou hoxe as instalacións de Naturleite en Meira (Lugo), acompañada do presidente da cooperativa andaluza COVAP, propietaria da planta, onde se envasa leite líquido para Mercadona

CONSELLEIRA NATURLEITEA Xunta de Galicia márcase como obxectivo estratéxico o de aumentar a industrialización do leite que se produce na comunidade e avanza que “actualmente estase a avanzar no obxectivo do 75% do leite transformado no horizonte do 2025, co fin último de dotar de valor engadido ao produto”. Segundo os datos de febreiro deste ano o 67% do leite producido en Galicia era transformado na comunidade.

Así o destacou hoxe a conselleira do Medio Rural, María José Gómez, nunha visita ás instalacións de Naturleite, situadas no concello lugués de Meira, onde foi recibida polo presidente de COVAP, Ricardo Delgado; e a súa directora xeneral, María Jesús Peteira. A cooperativa andaluza é propietaria da planta, onde se envasa principalmente leite líquido para Mercadona, da que é interproveedora.

Durante a visita, na que estivo acompañada polo director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros; e polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias; María José Gómez destacou a contribución desta ao sector lácteo galego, xa que a principal materia prima que empregan é o leite de vaca, recolléndoo e transformándoo en Galicia.

Así, tamén salientou a importancia do sector lácteo da comunidade, consolidándose como un dos piares da súa economía. Galicia produce o 42 % do leite de España e atópase entre as primeiras rexións europeas produtoras. Este eido representa o 1,5 % do PIB galego e supón o 2 % da produción industrial nacional. En relación coa aposta do Goberno autonómico, cabe sinalar a Estratexia de dinamización do sector lácteo, deseñada de xeito específico para este sector.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información