A Xunta lembra que é obrigatorio tratar as viñas contra a flavescencia dourada para frear a súa expansión

Os usuarios deben realizar un total de tres tratamentos; o primeiro no período comprendido entre o 27 de xuño e o 4 de xullo, o segundo aos 15 días do primeiro e o terceiro transcorrido un mes do segundo tratamento

Publicidade
Scaphoideus titanus insecto vector da Flavescencia dourada. Fonte: Estación Fitopatolóxica do Areeiro

Scaphoideus titanus insecto vector da Flavescencia dourada. Fonte: Estación Fitopatolóxica do Areeiro

A Xunta de Galicia lembra a obriga do uso de tratamentos fitosanitarios autorizados para a loita contra o Scaphoideus titanus, insecto vector da Flavescencia dourada da vide. A Consellería do Medio Rural publicou o aviso fitosanitario para o inicio dos tratamentos insecticidas correspondentes.

De feito, os usuarios deben realizar un total de tres tratamentos; o primeiro no período comprendido entre o 27 de xuño e o 4 de xullo, o segundo aos 15 días do primeiro e o terceiro transcorrido un mes do segundo tratamento. Respectaranse as indicacións de uso dos produtos que aparecen na súa ficha de rexistro, especialmente aquelas referidas aos intervalos de uso e número máximo de aplicacións. Cabe sinalar que aqueles usuarios que teñan dúbidas poderán achegarse á oficina rural máis próxima ou servizos de explotacións agrarias da súa provincia ou consultar na páxina web da Consellería do Medio Rural onde atoparán toda a información.

Dende o mes de maio, a Xunta fai un seguimento da evolución do devandito insecto. As ninfas atópanse no seu estado máis avanzado, polo que se está no momento máis axeitado para aplicar os tratamentos insecticidas, obrigados na zona demarcada e recomendados nas zonas vitícolas lindeiras a estas. Na páxina web da Consellería pode consultarse a listaxe das materias activas e formulados autorizados para estes tratamentos fitosanitarios así como as parroquias da zona tampón onde é obrigado o tratamento.

Realizaranse un total de tres tratamentos; o primeiro no período comprendido entre o 27 de xuño e o 4 de xullo, o segundo aos 15 días do primeiro e o terceiro transcorrido un mes do segundo tratamento. Respectaranse as indicacións de uso dos produtos que aparecen na súa ficha de rexistro, especialmente aquelas referidas aos intervalos de uso e número máximo de aplicacións.ç

Onde é obrigatorio tratar? 

Captura de pantalla 2025-06-29 122836

Con que materias activas?

Captura de pantalla 2025-06-29 122933

Como tratar?

Os tratamentos deben dirixirse ao envés das follas non descoidando os gromos basais, onde soen refuxiarse estes insectos. Deben aplicarse preferiblemente a primeira hora, salvo no caso das piretrinas, que se degradan rapidamente coa luz solar e polo tanto deben ser aplicadas ao solpor.

Ligazón á páxina web da Consellería con toda a información ao respecto

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información