A Xunta investe 135.000 euros no Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós

A Xunta investe 135.000 euros no Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, e o alcalde de Riós, Francisco Veiga

O conselleiro do Medio Rural en funcións, José González, asinou esta mañá un convenio co alcalde de Riós, Francisco Veiga, para desenvolver un programa que lle permita ao Centro de Desenvolvemento Agroforestal deste municipio identificar, recuperar e promocionar a riqueza forestal das provincias de Lugo e Ourense.

O acordo, no que o Goberno galego inviste 135.000 euros, enmárcase no obxectivo de impulsar a multifuncionalidade dos montes galegos previsto no Plan de Reactivación e Dinamización da Consellería do Medio Rural para mellorar a competitividade do sector agrario galego tras a emerxencia sanitaria. O encontro concluiu cunha visita a plantacións de castiñeiros para comprobar in situ os labores que se poden desenvolver ao abeiro do acordo.

En concreto, a Xunta sufragará cinco tipos de accións no marco deste convenio, que estará vixente ata o remate de 2021. Así, levarase a cabo a identificación de soutos tradicionais e masas de frondosas autóctonas de especial interese nas provincias de Lugo e Ourense, a vixilancia e loita contra as pragas e doenzas destas árbores e cursos de formación para produtores ou persoas interesadas en incorporarse ao sector primario.

Así mesmo, estableceranse puntos de contraste sobre o terreo para garantir a actualización do Inventario Forestal Continuo de Galicia e promoveranse accións de boa gobernanza en comunidades de montes veciñais en man común (CMVMC), así como a creación de agrupacións forestais de xestión conxunta.

O Centro de Desenvolvemento Agroforestal de Riós é un organismo dependente da Deputación de Ourense. 

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información