A Xunta inicia unha parcelaria para 300 hectáreas no concello ourensán de Trasmiras

A Xunta inicia unha parcelaria para 300 hectáreas no concello ourensán de Trasmiras

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e do alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, mantivo hoxe un encontro cos veciños que se verán beneficiados pola nova concentración parcelaria de Escornabois

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e do alcalde de Trasmiras, Emilio José Pazos, mantivo hoxe un encontro cos veciños que se verán beneficiados pola nova concentración parcelaria de Escornabois, neste concello ourensán. Así, José González destacou que se prevé reorganizar unha superficie de case 300 hectáreas, divididas en 2.632 parcelas propiedade de 711 veciños.

Neste senso, o conselleiro sinalou que para levar a cabo este proceso, o seu departamento ten previsto investir algo máis de 1 millón de euros, co fin de mellorar a estrutura territorial desta zona, xa que, ao igual que o resto de procesos decretados nos últimos anos, este novo decreto de concentración parcelaria declárase mediante a Lei de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia (Metaga), que busca aumentar a base territorial das explotacións e reducir considerablemente os seus custos de produción. De feito, o municipio de Trasmiras sitúase na comarca da Limia, que destaca pola importancia do seu sector primario cunha importante implantación de explotacións gandeiras, ademais de cultivos de pataca, millo, cereal e hortícolas extensivos.

Así, José González destacou que as concentracións parcelarias son unha ferramenta fundamental para paliar o minifundismo presente na nosa comunidade, dende o punto de vista da estrutura da propiedade. Neste senso, sinalou que neste mesmo concello desenvolvéronse un total de cinco procesos de reordenación parcelaria (Chamusiños, Trasmiras, Viladerrei, Vilar de Lebres e Zos), que supuxeron unha superficie total de 4.293 hectáreas concentradas cun resultado total de 7.230 predios de substitución e 5.258 propietarios beneficiados.

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información