A Xunta impulsa o uso da madeira na construción mediante unha abordaxe integral da cadea monte-industria

Falan de buscar solucións innovadoras e sustentables para acadar un sector da construción neutro en carbono, tal e como marca a Unión Europea

A Xunta impulsa o uso da madeira na construción mediante unha abordaxe integral da cadea monte-industria

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, avogou por impulsar o uso da madeira na construción mediante unha abordaxe integral da cadea monte-industria, que inclúa unha liña de apoios para facilitar a implantación e o seu uso nos procesos produtivos e poder avanzar no camiño da descarbonización.

Fernández Ríos asistiu ao encontro anual MassMadera, onde participou na mesa redonda Retos e oportunidades para o impulso da construción con madeira en España, con especial enfoque en Galicia. O director da Xera abordou durante a súa intervención as políticas que está a levar a cabo o Goberno galego para incrementar o emprego da madeira neste ámbito a través dunha visión de conxunto que inclúe apoios ao sector produtor pero tamén á industria da transformación, xunto con medidas de xestión do territorio.

Falou de impulsar a innovación e a investigación, tanto no ámbito da mellora forestal como na obtención de novos produtos e servicios; e de buscar solucións innovadoras e sustentables para acadar un sector da construción neutro en carbono, tal e como marca a Unión Europea. Uns obxectivos para os que Galicia conta co CIF de Lourizán e o CIS Madeira como centros de referencia.

Así, tamén resaltou que o Goberno traballa para que, progresivamente, o 20 % das edificacións da Administración pública galega empreguen este elemento na súa estructura. E lembrou que nos últimos catro anos, a Xunta leva concedidas axudas por importe de 8,2 millóns de euros para impulsar o emprego da madeira estrutural, tanto para a redacción de proxectos como para a execución de obras

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información