A Xunta explicará este sábado en Arzúa a nova estratexia de loita contra a Vespa velutina

Publicidade
A Xunta explicará este sábado en Arzúa a nova estratexia de loita contra a Vespa velutina

O día 1 de febreiro celébrase o Día do Apicultor en Arzúa, organizado pola Asociación Galega de Apicultura, e que terá como temas principais a Vespa velutina e a saúde das abellas. A xornada tamén incluirá a valorización e promoción dos meles galegos, coa entrega dos diplomas ós gañadores do I Concurso de Mel 5 Estrelas.

Abrirá a xornada unha mesa redonda sobre a Vespa velutina, na que se amosará unha visión actualizada sobre o tema, dende diferentes perspectivas. Para explicar o novo plan de loita da Xunta de Galicia participará Roberto Delgado Carro, enxeñeiro de montes da Empresa Seaga, encargada da xestión deste programa, e por parte de Consellería de Medio Rural, Jesús Orejas Fernández, xefe do Servizo de Sanidade Animal, que falará sobre os aspectos de trampeo e outras informacións de importancia para o sector apícola.

Do ámbito científico participará Marcos González, director do Museo de Historia Natural da USC, que explicará o enfoque actual dende a investigación e cales son as vías nas que se está traballando actualmente. Tamén intervirá a empresa Plaguiber, encargada do control da Vespa velutina no Concello de Carballo, un dos concellos máis implicados na problemática dende a chegada da praga. E por último, o delegado de AGA no Morrazo, José Mª Bello, explicará cales son as últimas novidades cos métodos que poden utilizar os abelleiros e abelleiras para protexer as súas colmeas.

Outro dos temas principais da xornada será a valorización dos produtos apícolas, para o cal se falará do Concurso de Meles 5 Estrelas, que se celebrou por primeira vez no ano 2019 cun alto nivel de participación e calidade dos meles presentados, e que ten o obxectivo principal de darlle valor e promocionar os meles galegos. Nesta cita AGA entregaralle ós premiados do concurso os diplomas e eles mesmos explicarán as características dos seus meles, o motivo de obter esta certificación de Mel 5 Estrelas e como está repercutindo na súa comercialización.

Para o público xeral haberá varias actividades, como a exposición “Apiturismo en Galicia”, unha degustación dos Meles 5 Estrelas e un divertido programa de actividades para crianzas.

Velaquí o programa:

Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias.

Roberto García, secretario xeral de Unións Agrarias.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información