Xunta e concellos destinarán 2,3 millóns a un plan de loita contra a avispa velutina

Xunta e concellos destinarán 2,3 millóns a un plan de loita contra a avispa velutina

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o vicepresidente da Fegamp, Alfonso Villares, informaron este mércores en rolda de prensa do acordo entre o Goberno galego e a Federación Galega de Municipios e Provincias para pór de maneira coordinada e conxunta un plan de loita contra a vespa velutina na comunidade.

Alfonso Rueda explicou que o Plan estará dotado con 2,3 millóns de euros, grazas a fondos propios da Xunta e ao Fondo de Cooperación Local, o que permitirá sufragar os gastos deste Plan de loita contra a velutina, un problema que segundo indicou o vicepresidente da Xunta esténdese por practicamente todo o territorio galego.

Nestes últimos anos constatouse un incremento na proliferación de avispa velutina continuado, e no que vai de ano foron neutralizados 15.000 niños. Polo que ante esta situación a Xunta decidiu redobrar esforzos neste ámbito, e actuar para frear a invasión desta especie invasora en colaboración coa Fegamp.

Concentrar os recursos e os esforzos para frear esta especie invasora

O obxectivo deste Plan é concentrar os recursos e os esforzos, ofrecendo unha resposta profesional e eficaz, que será homoxénea en todo o territorio afectado pola velutina, liberando tamén aos GES deste labor o que lles permitirá estar centrados en exclusiva na xestión das emerxencias.

Desde o ano 2014 o Goberno galego conta cun programa de vixilancia e control fronte á avispa asiática e con distintos sistemas para retirada de niños, unha vez recíbese o aviso no teléfono habilitado no 012, polo cal son retirados con medios propios dos concellos en 124 municipios, chamados concellos colaboradores e no que tamén son partícipes os GES, a Consellería de Medio Ambiente e a Consellería de Medio Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información