A Xunta distribuirá 15.000 trampas contra a vespa velutina

A Xunta distribuirá 15.000 trampas contra a vespa velutina

A Consellería do Medio Rural distribuíu nas oficinas agrarias comarcais material para realizar o trampeo de primavera na loita fronte á vespa velutina. Está dirixido a todos os apicultores da comunidade, un total de 4009, que contan con 7106 asentamentos e 185.124 colmeas.

Así, a Consellería repartiu por toda Galicia un total de 15.041 trampas, 3284 botes de 500 ml de atraente e outras 93.793 monodoses de atraente. O obxectivo é que os apicultores coloquen as trampas nas proximidades das súas colmeas para recoller o maior número posible de raíñas da vespa, xa que cada raíña capturada suporá un niño menos no entorno.

Este ano distribuiranse trampas e líquido atraente suficientes para actuar durante un período mínimo de catro meses. O número de trampas a colocar por cada apicultor dependerá do número de colmeas que posúa.

A iniciativa, que Medio Rural leva a cabo dende o ano 2015 con bos resultados, require a colocación de trampas dende mediados de febreiro ata mediados de xuño cunha renovación do líquido atraente cada certo tempo. Para iso, é preciso contar coa colaboración dos apicultores, aos que xa se lles enviou cartas para que recollan o material contra as vespas velutinas na oficina agraria comarcal que lles corresponda. Unha vez alí, daráselles información para que saiban como aplicalo.

A Consellería do Medio Rural lembra que as trampas e o líquido atraente que entrega a Xunta poden complementarse con atraentes caseiros como a cera vella fermentada, a cervexa negra ou o sirope de grosella ou de arandos, sendo necesario que se repoñan dependendo das condicións climáticas existentes (canta máis calor, máis evaporación do atraente) e do volume de vespas capturadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información