A Xunta destinará máis de 7 millóns en 2026 para sanidade animal

Con este orzamento levaranse a cabo traballos de diagnóstico, toma de mostras e a súa posterior análise para detectar enfermidades que afecten os animais de explotación, correspondentes aos programas de erradicación de enfermidades como a tuberculose ou a brucelose. Executaranse tamén programas de vixilancia de doenzas como a leucose enzoótica ou a perineumonía contaxiosa, así como o plan de vixilancia sanitaria na fauna

veterinario ciamA Consellería do Medio Rural contará no ano 2026 cun orzamento de algo máis de 7,1 millóns de euros para levar a cabo programas de sanidade e produción animal. Así o recolle o proxecto de acordo elevado hoxe ante o Consello da Xunta.

Segundo o Goberno da Xunta “estas actuacións permitirán manter e favorecer o estatus sanitario do gango galego, que actualmente se atopa nunhas condicións excepcionais. Nestes momentos Galicia está declarada de xeito oficial indemne a enfermidades como a brucelose bovina, ovina e cabrúa e a tuberculosa bovina. Do mesmo xeito, continúa libre de leucose bovina ou de perineumonía bovina”.

Deste xeito, poderán levarse a cabo traballos de diagnóstico, toma de mostras e a súa posterior análise para detectar enfermidades que afecten os animais de explotación, correspondentes aos programas de erradicación de tuberculose bovina e a brucelose bovina, ovina e cabrúa, entre outros.

Tamén se executarán os programas de vixilancia de mdoenzas como a leucose enzoótica ou a perineumonía contaxiosa, así como o plan de vixilancia sanitaria na fauna silvestre. Estas actuacións executadas mediante encarga a Tragsatec compleméntanse cos traballos que xa fan os servizos veterinarios oficiais de xeito ordinario.

A incidencia das enfermidades do gando en determinadas zonas, xunto coas características propias da produción, manexo, condicións e movemento dos animais, fan necesario adoptar medidas sanitarias que permitan minimizar o risco de contaxio e establecer o control destas. Ao respecto, este investimento destinarase tamén a supervisión, control e realización da limpeza; e a desinfección e desinsectación de explotacións gandeiras, estruturas anexas e lugares de concentración de animais que puidesen supor un risco para a transmisión e mantemento destas enfermidades.

Así mesmo, neste orzamento tamén se inclúen actuacións para realizar en caso dun baleiro sanitario. No mesmo senso, os vehículos de transporte son unha vía frecuente de propagación das enfermidades infecciosas do gando, polo que se levarán a cabo tamén tarefas de desinfección daqueles vehículos empregados para o transporte de animais nos centros de limpeza e desinfección dependentes da Xunta de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información