A Xunta declara de utilidade pública a erradicación da flavescencia dourada da viña

O novo decreto establece obrigas de control e erradicación para profesionais e viticultores

Publicidade
A Xunta declara de utilidade pública a erradicación da flavescencia dourada da viña

Imaxe de arquivo.

O Consello da Xunta aprobou hoxe o decreto que cualifica de utilidade pública a erradicación do organismo de corentena flavescencia dourada da viña, unha doenza que ameaza as plantacións de uva en Galicia.

O texto establece medidas de prevención e control obrigatorias para operadores profesionais e titulares de parcelas de viñedo. Entre elas, vixiar a presenza da enfermidade nas plantacións e comunicar aos servizos competentes calquera síntoma sospeitoso.

As persoas propietarias de viñedos en zonas infestadas deberán eliminar e destruír as plantas afectadas e aplicar tratamentos fitosanitarios en todas as cepas da parcela. Estas medidas tamén afectan ás zonas tampón e de risco, así como aos viveiros e instalacións de operadores profesionais.

Se os afectados non realizan estas actuacións, a Administración poderá executalas de maneira subsidiaria. Ademais, o decreto prevé indemnizacións para aquelas persoas propietarias que leven a cabo os traballos de erradicación cumprindo as normas sanitarias.

O decreto entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia (DOG), prevista en datas próximas.

A flavescencia dourada foi detectada en Galicia en novembro de 2022 e pode provocar importantes perdas de produción e mesmo a morte das cepas, aínda que non representa risco para os consumidores. A Xunta considera necesaria a actuación para protexer a produtividade e a competitividade dun sector clave no rural galego como é o vitivinícola.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información