Tras a queixa expresada polo gandeiro David López, ante a falta de convocatoria da asemblea xeral ordinaria e do proceso electoral posterior, a directiva de Acruga emitiu unha nota de prensa na que aclara que a asemblea xeral se convocará nos próximos días, tras unha reunión da xunta de goberno.
Acruga sinala que se non se fixo antes a convocatoria da asemblea xeral foi para evitar coincidencia coa campaña de forraxe das ganderías socias, “pois en ocasións anteriores recibíronse queixas de socios que estaban metidos de cheo na recollida de forraxe, o que lles complicaba a asistencia”, argumenta.
O obxectivo da directiva é celebrar a asemblea en “próximas fechas” e abordar nela, entre outros puntos, a convocatoria das eleccións á presidencia de Acruga.
Coa decisión de retrasar a asemblea, a directiva da asociación sinala que busca unha asistencia maioritaria e unha alta participación das ganderías socias. A directiva de Acruga, por último, opina que estes temas de convocatorias non deberían ser obxecto de procesos xudiciais e que as denuncias deben reservarse para “temas realmente graves”.
Galego









Control OJD