A Xunta creará un polígono agroforestal no concello lucense de Bóveda para recuperar 52 hectáreas

A Xunta creará un polígono agroforestal no concello lucense de Bóveda para recuperar 52 hectáreas

A Xunta traballa no desenvolvemento dun polígono agroforestal no concello lugués de Bóveda, que actualmente está en fase de actuacións previas. Unha vez rematado, suporá a mobilización de case 52 hectáreas, dividido en 292 parcelas correspondentes a 200 propietarios.

Así o destacou este sábado o conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, nun encontro cos veciños implicados no que será o futuro polígono de iniciativa pública de Val de Lemos.

Neste senso, José González, sinalou que en toda Galicia son 21 os procedementos xa iniciados (contabilizando este de Bóveda), cunha superficie próxima ás 9.000 hectáreas. O conselleiro sinalou que estas iniciativas póñense en marcha en aplicación da Lei de recuperación da terra agraria de Galicia, co fin de recuperar grandes espazos produtivos segundo o tipo de cultivo máis acaído ou de maior tradición en cada zona.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información