A Xunta avanza na creación dunha nova Oficina Rural no concello da Pastoriza

Estará situada na planta baixa da casa consistorial desta localidade e contará cunha entrada independente. Contará cun posto de veterinario e de persoal administrativo e permitirá reforzar a atención directa ao sector gandeiro

Visita da conselleira do Medio Rural á oficina agraria do concello de Friol

Visita da conselleira do Medio Rural á oficina agraria do concello de Friol

A Consellería do Medio Rural creará unha nova oficina rural no concello lucense da Pastoriza, co obxectivo de mellorar a atención e eficacia dos servizos veterinarios oficiais neste territorio, cunha alta actividade agraria e gandeira, reforzando a presenza administrativa no medio rural.

Así o recolle un informe do que tomou razón este luns o Consello da Xunta, na súa reunión celebrada en Lugo. Este achegamento dos servizos oficiais da Consellería aos produtores da Pastoriza está a levarse a cabo coa colaboración do Concello, que remodelou distintas dependencias para acoller o novo servizo. 

Estímase que as adaptacións necesarias para acondicionar o local ao seu novo uso ascendan ata os 30.000 euros e prevese que estea en funcionamento antes do comezo do verán

A nova oficina estará situada na planta baixa da casa consistorial. O Goberno local xa adoptou o acordo para a súa cesión. Neste sentido, habilitarase un espazo de 53 metros cadrados que contará cunha entrada independente desde a rúa. Esta área contará con dous espazos conectados, para o persoal técnico dos servizos veterinarios e outro para administración e atención ao público.

A actuación ten como obxectivo mellorar a atención e eficacia dos servizos veterinarios oficiais neste concello, cunha alta actividade agraria e gandeira

Así, estará dotada cun posto de veterinario e de persoal administrativo, e permitirá reforzar a atención directa ao sector gandeiro e prestar cobertura tamén a outros concellos da contorna, se for necesario. Estímase que as adaptacións necesarias para acondicionar o local ao seu novo uso ascendan ata os 30.000 euros. Asemade, prevese que a oficina estea en funcionamento antes do comezo do verán.

Rede de oficinas rurais

O Executivo autonómico conta cunha ampla rede de oficinas rurais espalladas por toda Galicia integrada por un total de 68 instalacións, contando coa futura sede da Pastoriza. Estas instalacións destacan pola súa proximidade á poboación rural e a presenza de persoal cualificado, co fin último de cubrir as necesidades destes territorios.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información