Unha modificación da Lei de Prevención de Incendios 3/2007, prevista no proxecto de Lei de medidas fiscais e administrativas, endurecerá a presión sobre os propietarios para a roza das franxas de protección contra o lume.
En concreto, se finalizado o mes de maio de cada ano, a Xunta detecta que os propietarios manteñen parcelas en estado irregular nas faixas de protección dos núcleos de poboación, chegaralle cun anuncio, con 15 días de prazo, antes de proceder á execución subsidiaria dos traballos.
Se é a Xunta a que procede á eliminación da biomasa dunha parcela, repercutirá os gastos no propietario e, no caso de que na parcela haxa especies prohibidas (eucaliptos, piñeiros ou acacias), tramitaranse as sancións pertinentes. A madeira que se extraia desas parcelas será subastada e o ingresado servirá para financiar os traballos de roza das franxas de protección, as chamadas faixas secundarias.
A Xunta modificará tamén a Lei 7/2012 de montes de Galicia para obrigar ás comunidades de montes veciñais a investir un 10 % dos seus ingresos en medidas e infraestruturas para a prevención de incendios
O cambio da normativa establece tamén que será a Axencia de Protección da Legalidade Urbanística a encargada do proceso sancionador en solo de núcleo rural, urbano e urbanizable.
Este tipo de medidas priorizarase nas zonas con maior risco de incendios ou que veñen sufrindo lumes con carácter recurrente, pois a Administración é consciente da dificultade de actuar nos máis de 30.000 núcleos de poboación que ten Galicia.
Reinvestimentos na prevención de incendios
Por outro lado, a Xunta modificará tamén a Lei 7/2012 de montes de Galicia para obrigar ás comunidades de montes veciñais a investir un 10 % dos seus ingresos en medidas e infraestruturas para a prevención de incendios. Este investimento pódese facer no ano do ingreso ou repartirse durante os catro anos posteriores.
Propoñen que a Administración asuma parte do mantemento das franxas de xestión de biomasa
Galego









Control OJD