A Xunta aumenta un 52% a partida para subministro aos colexios de leite, froita e castañas

A Xunta aumenta un 52% a partida para subministro aos colexios de leite, froita e castañas

A Consellería do Medio Rural incrementa un 52% o orzamento das axudas para a subministración de froitas frescas, castañas e leite líquido de consumo ao alumnado de centros escolares para o curso 2018/2019 con respecto á convocatoria pasada, chegando a un total de 1,5 millóns de euros. Así o recolle hoxe o Diario Oficial de Galicia, que publica a orde destas achegas, a cales están financiadas ao 100% con cargo ao Fondo Europeo Agrícola de Garantía (Feaga), mentres que o imposto sobre o valor engadido (IVE) é subvencionado coa axuda da consellería.

Esta orde permite aos centros escolares adquirir e repartir entre o seu alumnado de infantil, primaria e secundaria froita fresca, castañas e leite líquido. A entrega destes alimentos farase por períodos de 10 días lectivos consecutivos, mentres que no caso do leite líquido -e as súas versións sen lactosa- levarase a cabo durante un mínimo de 20 días lectivos consecutivos e un máximo de 60. Os períodos de repartición autorizados serán de novembro de 2018 a febreiro de 2019 ou de marzo a xuño de 2019.

Os centros solicitantes que queiran participar neste programa escolar teñen de prazo un mes, a partir de mañá, para presentar electronicamente o correspondente formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

O obxectivo a curto prazo é potenciar o consumo destes produtos entre os nenos e a mocidade e, a longo prazo, crear hábitos alimenticios saudables de cara ao seu futuro. A axuda concédese a todas as froitas frescas incluídas na definición do Código Alimentario Español (CAE) con excepción do tomate, da lima e do limón (no anexo I detállanse todas elas).

Pódese consultar a orde de axudas na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2018/20180718/AnuncioG1534-090718-0001_gl.html

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información