A Xunta aproba novas medidas contra a couza guatemalteca e advirte de que o Ministerio obrigará a destruír os cultivos afectados

Publicidade
A Xunta aproba novas medidas contra a couza guatemalteca e advirte de que o Ministerio obrigará a destruír os cultivos afectados

Patacas afectadas pola couza guatemalteca

A Consellería do Medio Rural publica este martes no Diario Oficial de Galicia unha resolución pola que amplía as medidas urxentes para a erradicación e control da praga Tecia solanivora Povolny ou couza guatemalteca da pataca, que se estendeu a 31 concellos do Norte de Galicia, malia as medidas adoptadas pola Xunta en 2015, cando se detectou a praga.

Deste xeito, e á espera de que se aprobe e se publique o programa nacional de control e erradicación da couza guatemalteca, a Consellería do Medio Rural adopta as seguintes medidas:

– Os operadores de pataca -vendedores de semente, almacenistas…et- deberán notificar de forma inmediata á Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, cando detecten síntomas ou sospeiten da presenza de Tecia solanivora Povolny nas súas instalacións.

– Co fin de dispoñer da maior información sobre a superficie plantada e, en particular, a dedicada á produción de pataca para o autoconsumo, e a súa distribución en Galicia, os comerciantes ou puntos de venda de semente solicitarán dos compradores de pataca de semente a seguinte información: nome e enderezo do comprador, cantidade adquirida, data de adquisición. Esta información estará á disposición dos servizos oficiais de sanidade vexetal.

A Xunta advirte de que o Ministerio obrigará a destruír os cultivos de pataca afectados pola praga nos 31 concellos afectados

– Todo produtor de pataca, tanto profesional como de autoconsumo, localizado en calquera dos concellos declarados como zona demarcada, deberá comunicar a superficie plantada na presente campaña.

– A Administración local reforzará a vixilancia da procedencia dos tubérculos que se venden nos mercados locais, constatando a orixe da pataca comercializada e adoptando as medidas para impedir, se é o caso, a circulación.

– Mentres non se aproba a normativa estatal, recoméndase non realizar a plantación de cultivo de pataca nas zonas demarcadas. Tras a publicación do programa nacional de control e erradicación do patóxeno, a presenza da praga nos cultivos das zonas afectadas suporá que estes sexan declarados como infestados, e procederase á arrinca e destrución da colleita.

Accede aquí ás novas medidas aprobadas pola Xunta contra a couza guatemalteca da pataca.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información