A Xunta aposta pola madeira galega na obra pública

A formación de persoal das administracións busca impulsar o uso de madeira estrutural nas edificacións sostibles

Publicidade
A Xunta aposta pola madeira galega na obra pública

Visita á empresa Xilonor.

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Alfredo Fernández Ríos, destacou o compromiso da Xunta de Galicia co impulso da madeira como material nas construcións públicas.

Así o fixo durante a visita ao curso Madeira estrutural. Bases e sistemas construtivos, organizado pola Escola Galega de Administración Pública (EGAP) e coordinado pola Xera, no marco do Plan de Formación 2025.

O alumnado visitou a empresa Xilonor, fabricante de madeira contralaminada (CLT) de piñeiro 100% galego, que subministra material para o novo centro de saúde de Abegondo, unha obra promovida polo Sergas e a Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

A formación impartirase tanto en presencial como online e está dirixida ao persoal das administracións autonómica e local. Trátase da primeira de catro accións que promove a Consellería de Economía e Industria para que o 20% da obra pública se realice en madeira.

Fernández Ríos animou aos 35 técnicos procedentes da Xunta a afiancar os seus coñecementos sobre produtos de madeira estrutural e sobre contratación pública de edificacións sustentables.

Finalmente, sinalou que o uso da madeira maciza industrializada está a medrar de xeito exponencial cada ano, unha mostra do avance cara a unha construción máis eficiente e respectuosa co medio ambiente.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información