A Xunta aposta pola madeira como elemento clave na construción sustentable

O director da Axencia Galega da Industria Forestal defende en Pamplona as vantaxes deste material no proceso de descarbonización

Publicidade
A Xunta aposta pola madeira como elemento clave na construción sustentable

V edición do Forum Internacional de Construción con Madeira en Pamplona.

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), Alfredo Fernández Ríos, destacou este xoves a importancia de fomentar o uso da madeira na construción. Este material ofrece solucións innovadoras e respectuosas co medio ambiente.

Fernández Ríos participou na V edición do Forum Internacional de Construción con Madeira, que se celebra en Pamplona e que reúne a expertos e profesionais vinculados ao sector forestal e madeireiro.

Durante a súa intervención, o responsable de XERA sinalou que a aposta por este material contribúe a fortalecer a innovación, mellorar a competitividade e favorecer o desenvolvemento e a diversificación no sector forestal galego.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información