As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

A Xunta anuncia que a partir deste xoves comezará a pagar os anticipos da PAC

A partires deste xoves, día 28 de outubro, a Xunta informa de que, a través do Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga), comezará a facer efectivo o pagamento do anticipo das axudas directas da PAC correspondentes á campaña 2021-2022. En total, serán 36.940.043 euros que beneficiarán uns 15.000 agricultores e gandeiros galegos. Estes importes corresponden ás liñas de vacas nutrices e de vacún de leite.

Ademais, no vindeiro mes de decembro prevese realizar por parte do Fogga un novo pago de axudas directas, por valor de máis de 106 millóns de euros, así como o pago de desenvolvemento rural correspondente a zonas con limitacións naturais, por importe de 17,2 millóns de euros. Estes pagos beneficiarán, en conxunto, a máis de 25.000 agricultores e gandeiros da nosa comunidade.

O Fogga realizará o pago de anticipos tras a realización de todas as comprobacións administrativas e dos controis obrigatorios sobre o terreo. Este organismo pagador, adscrito á Consellería do Medio Rural, efectuará o pago do 70% da axuda total, o máximo establecido pola Comisión Europea.

Por provincias, Lugo é a máis beneficiada, con case 18,5 millóns de euros de anticipo. Séguenlle A Coruña, con arredor de 13 millóns de euros; Pontevedra, cuns 3,7 millóns e Ourense, con aproximadamente 1,5 millóns de euros. Por concellos, o pontevedrés de Lalín é o que maior número de beneficiarios e importes acada, seguido do lugués da Pastoriza e do coruñés de Mazaricos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información