A Xunta analiza vías de colaboración con Vall Companys para fortalecer o sector agroalimentario galego

A conselleira do Medio Rural reuniuse coa empresa para explorar iniciativas que favorezan o desenvolvemento económico no rural

A Xunta analiza vías de colaboración con Vall Companys para fortalecer o sector agroalimentario galego

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, recibiu hoxe a responsables de Vall Companys.

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo este luns unha reunión de traballo con representantes da empresa Vall Companys.

Durante a reunión, valoráronse distintas opcións de colaboración para promover novos proxectos empresariais impulsados por esta compañía, que dispón en Galicia de instalacións de referencia como Avícola de Galicia (Avigal).

Ambas partes coincidiron na relevancia deste tipo de industrias para contribuír á dinamización económica do rural galego e na importancia de establecer sinerxías para apoiar o seu crecemento.

Vall Companys é o principal grupo agroalimentario de España. Está integrado por máis de 55 empresas que cobren todas as etapas da cadea de produción, opera en 12 comunidades autónomas e conta con 2.600 granxas asociadas, así como máis de 14.000 colaboradores.

En Galicia, a súa actividade supón máis de 800 empregos directos distribuídos polas catro provincias, a través de dúas empresas do sector avícola e cunícola —Avigal e Sada— que abranguen desde a produción ata a elaboración de pensos.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información