A Consellería do Medio Rural vén de convocar a XVII edición dos Premios ao Desenvolvemento Rural de Galicia, unha iniciativa destinada a recoñecer e difundir proxectos que contribúen á dinamización económica e social do medio rural galego. Como principal novidade deste ano, a Xunta amplía o orzamento dos galardóns coa incorporación dun terceiro premio en cada unha das categorías, dotado con 1.000 euros.
Cada modalidade contará cun primeiro premio de 10.000 euros, un segundo de 3.000 euros e este novo terceiro galardón. Os premios distribúense en seis categorías: Mocidade, Proxectos de interese social, Sector agro-gandeiro, Mulleres, Innovación tecnolóxica e Recuperación e posta en valor da terra agraria.
Os recoñecementos buscan destacar iniciativas que favorezan o desenvolvemento socioeconómico do territorio, a creación de emprego, a sustentabilidade ambiental, a igualdade de oportunidades, a innovación e a loita contra o despoboamento. Poderán participar persoas físicas ou xurídicas de natureza privada titulares dos proxectos presentados.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto durante un mes a partir da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.
Galego










Control OJD