A Xunta adxudica vinte lotes de madeira por máis de 800.000 euros na provincia de Pontevedra

Medio Rural valora que os importes acadados na poxa manteñen a tendencia dos prezos da madeira dos últimos meses, sendo previsible que continúen nestes niveis

A Xunta adxudica vinte lotes de madeira por máis de 800.000 euros na provincia de Pontevedra

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Planificación e Ordenación Forestal, adxudicou 20 lotes de madeira por 815.236 euros na poxa pública electrónica de madeira que se celebrou hoxe en Pontevedra. Dos 28 lotes inicialmente previstos, oito -en xeral de pequena dimensión- quedaron desertos.A práctica totalidade dos lotes pertencen a comunidades de montes veciñais en man común con convenios ou consorcios de xestión forestal coa Consellería do Medio Rural.

a madeira de coníferas está sendo moi demandada internacionalmente polas súas múltiples aplicacións

En total,os lotes suman máis de 30.000 toneladas de madeira de piñeiro do país, piñeiro insigne e eucalipto branco, xunto con cantidades menores doutras especies. Medio Rural incide en que isto tradúcese nunha absorción de CO2 de máis de 18.000 toneladas que foron retiradas da atmosfera durante a vida destas árbores, que agora serán substituídas por novos pés que continuarán absorbendo este gas de efecto invernadoiro.

Os importes acadados na poxa confirman unha vez máis os altos prezos da madeira de coníferas, segundo sinala a Xunta, e enmárcanse nunha dinámica de suba desta materia prima sendo previsible que se manteñan no futuro, pois a madeira de coníferas está sendo moi demandada internacionalmente polas súas múltiples aplicacións.

Dos lotes ofertados, 24 contan con certificación forestal sostible PEFC e sete máis con dobre certificación PEFC e FSC, cumprindo así cando menos os requisitos dun dos dous sistemas de certificación más implantados a nivel mundial. Ademais, as empresas que opten aos lotes certificados deben dispor tamén dun certificado de cadea de custodia, que permite garantir a trazabilidade da madeira. A certificación forestal sostible garante -ao máximo nivel- que a xestión dos bosques dos que provén esta madeira é respectuosa co medio ambiente, ao mesmo tempo que cumpren outras funcións ecolóxicas, económicas e sociais.

Toda a información relacionada coas poxas de madeira pode consultarse nunha sección específica da web da Consellería do Medio Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información