Xuño comeza con subas dos produtos lácteos nos mercados internacionais

lacteos ue xuño 22Tras un mes de maio cunha baixada xeral dos produtos lácteos nos mercados internacionais, a primeira quincena de xuño está a rexistrar unha tendencia de recuperación dos prezos, en especial na Unión Europea. Así se desprende do último informe publicado esta semana polo Observatorio do Mercado Lácteo da Comisión Europea.

En concreto, na UE os prezos da manteiga subiron na segunda semana de xuño un 2,9%, respecto á media das catro semanas anteriores, ata os 7,22 euros o kilo; o leite en po desnatado (SMP polas súas siglas en inglés) tamén subiu lixeiramente, un 0,3 % ata os 4,04 euros o kilo. Pola contra, o prezo do leite en po enteiro caeu un 0,3% ata os 5,13 euros o quilo. Polo que respecta ao queixo cheddar, foi o produto lácteo que máis se revalorizou no mercado na semana de xuño: un 6,8% ata os 4,26 euros o quilo.

FONTERRA XUÑO 22

En canto ás últimas cotizacións do Global Dairy Trade (GDT), a principal subasta internacional de lácteos, operada pola neozelandesa Fonterra, tamén recuperan a tendencia positiva, cunha suba xeral dos produtos láctdos do 1,5%. Así, houbo unha suba do 5,6 % nas cotizacións da manteiga e do 3,0 % no leite en po desnatado, mentres que o enteiro baixou un 0,3% e o queixo cheddar tamén se depreciou un 3,6%.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información