Xundeva celebra os seus Encontros Gandeiros o próximo xoves día 15 en Lalín

Na sesión abordaranse temas como as perdas polo mamite, o uso racional dos antiparásitos ou as prácticas preventivas nas explotacións

Xundeva celebra os seus Encontros Gandeiros o próximo xoves día 15 en Lalín
Data inicio: 15/11/2018
Data fin: 15/11/2018
Lugar: Auditorio da UNED (Polígono Industrial Lalín 2000.) Lalín. Pontevedra.

 

A Asociación de Defensa Sanitaria Gandeira (ADSG) Xundeva celebra os seus Encontros Gandeiros o próximo xoves día 15 deste mes, en Lalín. A xornada, que este ano acada a súa 14ª edición, terá lugar no auditorio da Uned no polígono industrial Lalín 2000.

O presidente de Xundeva, Manuel Fernández, e o edil de Medio Rural, Nicolás González Casares, serán os encargados de inaugurar a xornada ás 11.00 horas logo dun café de benvida que se servirá unha hora antes. O programa das xornadas abordará diferentes temas que afectan ó devir diario nas explotacións gandeiras, como a mamite ou o uso de antiparásitos.

Programa da xornada:

11.30 horas. Canto perdo na miña explotación a causa da mamite?
Iván Mato. Servizo técnico de bovino de laboratorios Hipra.

12.00 horas. Uso racional de antiparasitarios.
Alfonso Martínez Escribano. Servizo técnico de ruminantes de Boehringer Ingelheim.

12.30 horas. Descanso Café.

12.45 horas. Enfoque práctico da ciencia da prevención.
Carlos Carbonell. Técnico de campo en vacún de leite de MSD Animal Health.

13.15 horas. Fagamos un esforzo, podemos entendernos.
Gloria Martínez. Coordinadora dos servizos veterinarios de Xundeva.

13.45 horas. Clausura dos Encontros Gandeiros.
Silvestre José Balseiros Guinarte. Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Alimentarias.
Rafael Cuiña Aparicio. Alcalde de Lalín.

14.30 horas. Comida de traballo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información