A xovenca Rey 1239 Chief Divina conquista o Autonómico e Internacional de GandAgro’25

O exemplar da gandería Rey de Miñotelo gañou a final dos dous concursos, tras vencer na sección de xovencas de 20 a 24 meses

A xovenca Rey 1239 Chief Divina conquista o Autonómico e Internacional de GandAgro’25

Rey 1239 Chief Divina, xovenca gran campioa

Acaban de finalizar os concursos de tenreiras e xovencas da raza frisoa que tiveron lugar na V Feira Profesional de Maquinaria, Agricultura e Gandería, Abanca Cimag-GandAgro 2025. Rey 1239 Chief Divina, da SAT Rey de Miñotelo (A Pastoriza, Lugo), proclamouse xovenca gran campioa de Galicia e Internacional no XXXIII Concurso Autonómico da Raza Frisoa Fefriga’25 e o XLII Open Internacional da Raza Frisoa GandAgro’25. O exemplar venceu na sección de xovencas de 20 a 24 meses e nos campionatos de xovencas autonómico e internacional.

No campionato galego, o animal que quedou subcampión foi Rey 1273 Haxl Bambi, da mesma gandería. No Internacional foi Marquet Alyson Dynasty, de Cal Marquet (Pla de Sant Tirs, Lleida).

Na mañá tamén se xulgaron os campionatos de mellor criador, que tamén foron conquistados por Rey de Miñotelo. No campionato galego, gandería O Rubio (Santa Comba, A Coruña), conquistou o segundo posto e no internacional fíxoo El Campgran, de Sant Martí Sescorts (Barcelona).

Rey de Miñotelo, mellor criador de xovencas galego e internacional

Rey de Miñotelo, mellor criador de xovencas galego e internacional

Pola tarde continúan os campionatos das seccións de vacas adultas e nomearase á gran campioa do Autonómico e Internacional.

Consulta todos os resultados na páxina web de Fefriga

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información