Xornadas técnicas sobre prevención e control da IBR e outras enfermidades en gando vacún de leite e de carne

Xornadas técnicas sobre prevención e control da IBR e outras enfermidades en gando vacún de leite e de carne

O Centro de Investigación Agrarias de Mabegondo (CIAM ), a Subdirección Xeral de Gandaría e as asociacións de defensa sanitaria gandeira da Montaña lucense, Becerreá, Fonsega, Curtis, Gando vacún de Frades e Gando vacún de Mesía organizan tres xornadas técnicas que tratan sobre os programas sanitarios das ADSG, con especial referencia ó programa nacional e autonómico da IBR.

As xornadas van ter lugar en Becerreá (13 de outubro), A Fonsagrada (14 de outubro) e Curtis (21 de outubro). As de Becerreá e A Fonsagrada oriéntanse ó desenvolvemento destes programas nas granxas de aptitude cárnica e a de Curtis ás granxas de produción de leite.

Cada unha das xornadas plantéxase con tres relatorios e unha mesa redonda. Os relatorios tratarán temas como a bioseguridade, as axudas ao desenvolvemento destes programas sanitarios, os beneficios de desenvolvelos, a súa implantación, o diagnóstico laboratorial ou os relacionados coa investigación que a Consellería de Medio Rural desenvolve con respecto a eles.

O límite de plazas para cada xornada é de 50. Os formatos para a inscrición poden descargarse nas seguintes direccións:

Becerreá: www.ciam.gal/pdf/xornadas/bcrrea.pdf

Fonsagrada: www.ciam.gal/pdf/xornadas/fsgda.pdf

Curtis: www.ciam.gal/pdf/xornadas/curtis.pdf

A dirección para enviar as inscricións é: ciam.adsg@ciam.gal . Para máis información o teléfono de contacto é 881 881 814

Os consellos de Becerreá, A Fonsagrada e Curtis colaboran cedendo o lugar de celebración de cada unha das xornadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información