Xornadas sobre rehabilitación en madeira

Profesionais do sector daranse cita o 21 de novembro para explorar técnicas innovadoras en rehabilitación e coñecer intervencións galardoadas en Galicia

Xornadas sobre rehabilitación en madeira

Cluster da Madeira e o Deseño de Galicia.

As VIII Xornadas de Rehabilitación en Madeira, MáisMadeira, terán lugar o próximo 21 de novembro na Leira da Rocha, Santiago de Compostela. Están organizadas polo Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia, coa axuda do Instituto Galego de Promoción Económica.

Nesta xornada os estudos Liqe Arquitectura, Seara Peleteiro Arquitectos e Arqxé Arquitectos mostrarán formas de tratar a madeira no ámbito da rehabilitación e, para finalizar, realizarase unha mesa redonda, moderada pola arquitecta Carmen Rey, á que se incorporarán as empresas asociadas ao CMD.

Os participantes poderán aproveitar para coñecer a intervención realizada en casa da Viña, premio á mellor Obra de rehabilitación do COAG do bienio 2014-2026, e Casa San Vitorio, baseada na prefabricación e na integración no medio natural. As persoas interesadas poden inscribirse a través da seguinte ligazón.

Estas xornadas, que contan co patrocinio de Grupo Ramón García, Laminados Villapol, Madeiras Rubén, Mobalco, Molduras do Noroeste, Grupo Siero e Wood is Wood, buscan converterse nun lugar de encontro para profesionais do sector.

Programa das Xornadas:

9:30. Benvida e inauguración.
9:45. Liqe Arquitectura. “Menos con máis”.
10:30. Seara Peleteiro Arquitectos. “Arquitectura e Oficio”.
11:15. Pausa-café.
11:45. Arqxé Arquitectos. “Liñas de traballo”.
12:30. Mesa redonda: Retos da rehabilitación en madeira.

  • Carmen Rey, arquitecta; Óscar Villapol, Laminados Villapol; Pablo Prada, Maderas Rubén; Susana Martínez, Siero Lam.

14:00. Fin da xornada de mañá.
17:30. Visita guiada ás obras de Seara Peleteiro situadas en Allariz: Casa da Viña e Casa San Vitorio.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información