A VII Reunión de Outono da Sociedade Galega de Pastos e Forraxes (SGPF) terá lugar os vindeiros 16 e 17 de setembro en localidades do sur de Lugo, en concreto, en Chantada e Carballedo, e estará centrada na sustentabilidade da produción de leite na Galicia interior.
A inscrición e participación é de balde e aberta a todos os interesados ata completar o aforo. A data límite para inscribirse é o día 12 de setembro nos teléfonos 686620154 (Eloi) e 619032791 (Joan) ou no correo electrónico sgpf.galicia@gmail.com. A inscrición non cubre o custe dos xantares (o prezo do xantar é de 20 € cada día).
Programa
Venres 16 – Lugar de celebración no Círculo Recreativo e Cultural de Chantada
(Praza de Catro Camiños n.º 5)
9:30 – Recepción de asistentes
10:00 – Presentación e Inicio da Reunión
Olga Iglesias, Xefa do Servizo Territorial da Consellería de Medio Rural
Mónica Freire, responsable Área Medio Rural Deputación Provincial de Lugo
Joan Alibés, Presidente da SGPF
10:30 – Caracterización Agro-Gandeira das Comarcas do sur de Lugo
Emilio Iván Vázquez, Xefe de Área de Monforte
11:00 – Cultivos forraxeiros para a produción de leite na Galicia interior
Gonzalo Flores, investigador no CIAM
11:30 – Xestión da produción forraxeira na Gandaría SAT Sabadelle
Lois Lareu, gandeiro e socio da SAT Sabadelle (Chantada)
11:50 – Debate sobre as presentacións
12:10 – Pausa para café
12:40 – Transferencia tecnolóxica: Experiencias de campo na produción de forraxes ecolóxicos en Allariz e na Limia
Juan Valladares, investigador no CIAM
13:20 – A importancia da transferencia tecnolóxica na produción de leite ecolóxico
Marcos Quintás, gandeiro e socio da SAT Torneiros (Allariz)
13:40 – A inclusión da herba verde na ración mesturada diaria para vacas de leite
Alberto Quintián, gandeiro e socio da SAT Sebastián (Irixoa)
14:00 – Debate
14:30 – Xantar no Mesón Mogay (Chantada)
16:20 – Cooperativa AIRA, unha ollada cara ao futuro
Daniel Ferreiro, Director Xeral de Aira
16:50 – Xestión e manexo dun rabaño de 120 vacas de leite ao aire libre na Gandería Maire
Mariano Samblás, gandeiro e socio da Gandería Maire (A Pastoriza)
17:10 – Proposta de fusión de explotacións de leite de pastoreo en Rodeiro
Alberte Lamazares, gandeiro de Rodeiro
17:30 – Outeiro e Airas Moniz: Vacas Jersey e elaboración de queixo
Ricardo Gómez, gandeiro e socio de Outeiro e Airas Moniz (Chantada)
17:50 – Produción extensiva, elaboración de lácteos
Xosé G. Freire, gandeiro de Casa da Fonte (Pantón)
18:10 – Alimentación robotizada na produción de leite
José Manuel Feás, gandeiro (Taboada)
18:30 – Debate – coloquio
19:00 – Fin da xornada
Sábado 17 – Lugar de Reunión na Gandería Outeiro (Chantada)
10:30 – Visita á explotación Gandería Outeiro e á Queixería Airas Moniz (San Salvador de Asma, Chantada)
11:45 – Chegada ao Pazo de Cartelos (Carballedo)
11:50 – Fundación José Luís Taboada, historia e obxectivos
Álvaro Taboada de Zúñiga, Presidente da Fundación José Luís Taboada
12:10 – Presentación das actividades de investigación do CIAM sobre produción forraxeira desenvolvidas no Pazo de Cartelos
Juan Piñeiro, patrono da Fundación José Luís Taboada e investigador retirado no CIAM
12:30 – Visita de campo ás experiencias de investigación de millo en regadío e en secano no Pazo de Cartelos
14:30 – Clausura da Reunión
14:45 – Xantar na Feira do Castro de Carballedo – Casa Benito
16:30 – Visita ao Ecomuseo Pazo de Arxeriz (O Saviñao)
18:30 – Fin da Reunión