Xornadas sobre planificación e deseño de plantacións de castiñeiro para froito

Xornadas sobre planificación e deseño de plantacións de castiñeiro para froito

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza ao longo deste mes de outubro diversas xornadas sobre a planificación e deseño das plantacións de castiñeiros de froito. A iniciativa, na que tamén participa o consello regulador da Indicación Xeográfica Protexida Castaña de Galicia, está dirixida a propietarios de terreos con castiñeiros ou a persoas interesadas en plantalos.

Así, nas xornadas os asistentes aprenderán a planificar as súas plantacións, coñecendo as distintas variedades, polinizadores ou condicións do solo, así como consellos para o coidado dos castiñeiros, para a súa rega efectiva, para a fertilización ou para facer enxertos. Tamén se lles falará de repoboación, apuntando como se prepara o terreo, técnicas de roza ou de replanteo e de peches perimetrais para as parcelas.

Polo de agora, xa se levaron a cabo tres sesións nos concellos lucenses de Samos e Bóveda e no ourensán de Vilardevós. O resto teñen previsto celebrarse a partir do 20 de outubro nos seguintes municipios:

Xornada: “Nocións básicas para o aproveitamento dos soutos”.

– 1 de Outubro en Covelo (Pontevedra). Auditorio Municipal de Covelo. Travesía de Vigo, 11. 36872 – Covelo. De 18:00 a 22:00h.

– 19 de Outubro en As Neves (Pontevedra). Auditorio Municipal de As Neves. Rúa Solís Ruiz, 3. 36440 – As Neves. De 18:00 a 22:00h. – SUSPENDIDA

– 29 de Outubro en Touro (A Coruña). Casa da Cultura de Touro. De 18:00 a 22:00h.

– 9 de novembro en Sober (Lugo). Centro Sociocultural de Sober. De 17:00 a 21:00h.

Xornada: “O castiñeiro de froito: planificación e deseño das plantacións”.

– 25 de setembro en Samos (Lugo). Multiusos de Samos. De 18:00 a 22:00h.

– 2 de Outubro en O Barco de Valdeorras (Ourense). Salón de Actos (3ª planta) Edificio Multiusos – O Barco de Valdeorras. De 17:30 a 21:30h. – SUSPENDIDA

– 8 de Outubro en A Gudiña (Ourense). Casa da Viuda – A Gudiña. De 18:00 a 22:00h. – SUSPENDIDA

– 15 de Outubro en Vilardevós (Ourense). Centro de Interpretación do Contrabando. Rúa Xacinto Santiago, 23. 32619 – Vilardevós. De 17:00 a 21:00h.

– 16 de Outubro en Bóveda (Lugo). Salón de Actos do Concello – Bóveda. De 18:00 a 22:00h.

– 20 de Outubro en O Bolo (Ourense). Salón de Actos do Concello – O Bolo. De 17:00 a 21:00h.

– 23 de Outubro en Folgoso do Courel (Lugo). Edificio do Concello. De 10:00 a 14:00h.

– 26 outubro en Lalín (Pontevedra). Sala UNED. De 11:00 a 15:00h.

– 27 de Outubro en Palas de Rei (Lugo). Casa da Cultura. De 17:00 a 21:00h.

– 28 Outubro en Chantada (Lugo). Edificio Servizos Sociais, Praza de Galicia s/n (Edificio Multiusos), Chantada. De 10:00 a14:00h.

– 28 de Outubro en A Estrada (Pontevedra). Museo do Moble e da Madeira (MOMA). De 18:00 a 22:00h.

– 30 de Outubro en Mondariz (Pontevedra). Centro Social de Mondariz. Rúa Miguel Ángel Blanco, 1. De 18:00 a 22:00h.

– 2 de novembro en Cuntins (Pontevedra). Centro Ocupacional de Cuntis. De 16:00 a 20:00h.

– 3 de novembro en Saviñao (Lugo). Auditorio Municipal de Escairón. De 11:00 a 15:00h.

A Xunta aposta pola formación neste sector, dado que a produción de castaña en Galicia, sobre todo en zonas de alta montaña, estímase en 20 millóns de quilos, o que supón preto duns 50 millóns de euros unha vez comercializado o produto. Todos os interesados que desexen participar nestas xornadas formativas deberán remitir un correo electrónico ao enderezo de info@castanadegalicia.org.

A acción está integrada no Plan de formación ao agro galego 2020, cuxo principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que desenvolve a Consellería do Medio Rural.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información